LOGO XV CONVIVENCIA (A RÚA/VILAZA)
*FOTOS RELACIONDAS COAS FEIRAS:
> ANTIGAS
> ACTUAIS
*CANCIÓN
*IMAXES DO PROXECTO EN BRANCO E NEGRO
*PROXECTO DE TRABALLO PARA OS NENOS (este proxecto vai a chegar impreso a todos os colexios participantes, se o queredes descargar deberedes ter un pouco de paciencia porque pesa bastante e tardaredes un bo anaco).
VÍDEO RESUME DA CONVIVENCIA DA RÚA FEITO POLA REGIÓN DE VALDEORRAS
CONTO: A PEDRA MÁXICA
(representado por mamás da zona do Barco)
A CONVIVENCIA EN VILAZA
Gústannos moito Cholo e Nela.
A canción é moi divertida.
Moitas gracias!!!!!!!!!!!
Alegrámonos moito de que vos guste a canción deste ano, esperamos que a aprendades moi ben para cantala todos xuntos o día da convivencia.
Ata pronto amiguiñas e amiguiños!!!
Ola, Cholo e Nela. Os nenos e nenas da escola de Éntoma estamos desexando que chegue o día da convivencia para pasalo moi ben con vós.
Moitos bicos de tod@s
Como sempre, a XV Convivencia de Cholo e Nela resultou un día que non poderemos xa esquecer, tanto os pais/nais, como os mestres e, por suposto, os nen@s.
Gustaríame agradecer a colaboración dos pais/nais, o traballo de todos os compañeir@s na elaboración dos xogos e obradoiros e, por suposto a labor da organización, que conta cun número reducido de compañeir@s que empregan unha grande cantidade de horas para que tod@s gocemos dunha actividade tan divertida e interesante. Ademáis o sorriso dos nen@, que merece todo o que poidamos facer para gozar nós ó ver as súas cariñas.
Gustaríame comentar, con respecto á animación do final, que foi unha pena que non se escoitara mellor (moi baixiño), e por outra banda, os adultos, deberíamos facer un corro ó redor de todos os nen@s, para que eles poideran ver ás animadoras, porque había unha barreira de adultos moi preto do palco que, impedía que os nen@s poideran ver e gozar da actuación.
Bueno, como son amiguiñ@s, gustaríame tamén felicitar a Carlos, do cole de Casaio, e ós seus compañir@s pola súa vaca (moi orixinal!!!!!!) e, tamén a Andrea do cole de A veiga, polo seu xogo “O Rodeo de Galicia” (precioso!!!! es unha artista nena!). Moitos bicos e que non deixemos nunca esta actividade. Grazas a tod@s!!!!! Sonia do Condesa.
Dende a aula de Infantil de Casaio queremos dar as grazas porque a vaca e a ovella levounos moito traballoo e tempo pero estamos con tento polo éxito que parece que tivo. Biquiños.
Pois xa sabes Sonia, a ver si contamos coa túa presenza en Cholo e Nela en 2012. Xa temos o tema así que xa sabes pasa bo verán e nos vemos en Setembro. Saúdos Carlos
Coma sempre todo un éxito a Convivencia, pero eu quero felicitar aos meus compañeiros/as da organización q
Coma sempre todo un éxito a Convivencia, pero eu quero felicitar aos meus compañeiros/as da organización que coma sempre traballan durante todo un ano para facer un proxecto que lles encanta aos nenos/as nas aulas.
O libro é precioso e na miña aula a convivencia é o punto de partida para traballalo na aula.
Todos e todas debemos sacarlle o máximo partido e que os nenos e nenas lles conten aos pais na casa que aprenderon con Cholo e Nela
Dende o CEIP MANUEL RESPINO de A Rúa, queremos saludarvos e darvos as gracias por facernos pasar cada ano un día cheo de maxia e diversión, onde non só disfrutan os nenos e nenas seno que tamén os pais e nais.
Moitas gracias, seguide traballando esí, e que a MAXIA DESTA CONV IVENCIA SIGA CONTAXIANDONOS ANO TRAS ANO.
Eu personalmenrte cantos mais anos participo mais me gusta.
BICOS PARA TODOS E ATA O ANO QUE BEN
Xa que non temos outro xeito de compartir con todos e todas algunhas das fotos relacionadas coa feira que temos, remitímosvos a este enlace do noso blog onde puxemos algunhas delas!
http://filodatoinfanttil.blogspot.com/2011/05/fotos-de-feiras.html
Ola amiguiñas e amiguiños do Filomena Dato!! Moitas gracias por compartir con todos as vosas fotos das feiras. Coa axuda de todos vós este blogue comeza a coller vida.
Un saúdiño
Ola amigas e amigos, aqui tedes máis fotos da Convivencia, estas en concreto son de Vilaza, podedes acceder a elas na galería de fotos do noso cole, apuntade o enderezo: http://www.flickr.com/photos/59828241@N08/sets/72157626867915002
Saúdos
Carlos.