Vouvos contar a historia
que aconteceu hai uns anos
cando un grupiño de mestres
a Convivencia iniciaron.
Dende o país dos globos
o amigo Cholo viaxou
e polo arco da vella
ata o Barco chegou.
Procurou moitos xogos
contos e cancións
e disfrutou moito
convidándonos a nós.
Ao longo dun ano
preparando outra cita
Cholo matinando
quixo ter unha amiga.
Nunha fermosa nube
alá pola primavera
coñeceu a unha pinguiña
que se chamaba Nela.
Xuntos comezaron
a vivir mil aventuras
polo camiño das estrelas
argallando travesuras.
Nunca se cansaban
de novas descubrir
e foron deportistas
na Olimpiada do 2000.
Para informarnos
da nosa evolución
contáronno-la historia
a través dunha canción.
Quixeron coñecer
diferentes culturas
e decidiron realizar
viaxes e aventuras.
Quedaron algo cansos
de tanto meneo;
internáronse no bosque
para daren un paseo.
Cando voltaron
botaron unha sestiña
e a súa seguinte aventura
aconteceu na cociña
Preocupados sempre
por estar en todo ó día
fixeron un percorrido
polas novas tecnoloxías
Para non perderse nada
do que sucedía ao redor
ó noso amigo Cholo
mercáronlle un ordenador.
Vendo tantas imaxes
de agresións á natureza
Cholo e Nela acordaron
coidar sempre dela.
E para poñer
á algúns desastres remedio
fixemos con eles
unha excursión polo medio.
Mirando o actuar
da nosa sociedade
pensaron lograr
un mundo en igualdade.
Para darnos a coñecer
a cultura galega
contáronnos no 2008
unha morea de lendas.
A cultura castrexa
querían coñecer
e co amigo Bran a fala das pedras
intentaron entender.
Para a auga ensinarnos a coidar
cholo e nela no 2010,
o rumor da fraga
nos fixeron escoitar.
De momento remata a historia
das andanzas de Cholo e Nela
pero este ano volverán
coas aventuras da feira.
1.- Convivencia de 1997. Cholo baixando polo arco da vella.
2.- Convivencia- 1998. A pinga Nela.
3.- Convivencia 1999: O camiño das estrelas. Cholo e Nela no camiño de Santiago.
4.- Convivencia Vilariño 2000.: Cholo e Nela van ás Olimpiadas.
5.- Convivencia Verín/ Rubiá 2001: Cholo e Nela ¡ Toda unha historia!
6.- Convivencia Vilardevós/ Vilamartín 2002: Cholo e Nela viaxan polo mundo.
7.- Convivencia A Gudiña / A Rúa 2003: Cholo e Nela polo bosque.
8.- Convivencia Xinzo / Trives 2004 : Cholo e Nela son cociñeiros.
9.- Convivencia A Mezquita/ O Barco 2005: Cholo e Nela pola rede.
10. Convivencia Rairiz de Veiga / A Veiga 2006: Cholo e Nela polo medio.
11.-Convivencia Oímbra / Sobradelo 2007: Cholo e Nela en igualdade.
12.-Convivencia Os Blancos/ Rubiá 2008 : Cholo e Nela descubrindo lendas.
13.- Convivencia Laza/Montederramo 2009: A fala das pedras.
14.-Convivencia. O Barco de Valdeorras 2010. Cholo e Nela e O rumor da fraga.